COSTAS, LEDICIA
Nos últimos anos da Inquisición, Catarina herda da súa avoa o oficio de bruxa e a sabedoría das plantas medicinais. Á súa consulta van enfermos con todo tipo de doenzas. Elas sábense necesarias pero tamén odiadas.
No séc. XXI, Lola sofre unha crise persoal: a ruptura coa parella, as dúbidas sobre a maternidade e os recordos provócanlle un colapso.